domingo, 25 de septiembre de 2011

Amazon.es limita a literatura galega ao 0,6% do catálogo


Amazón.es xa está en funcionamento en España. Este mércores presentouse en rolda de prensa en Madrid o funcionamento no estado desta distribuídora web. Non obstante, os usuarios xa poden consultar na súa páxina web o catálogo de títulos que ofrece para o territorio español. Na súa oferta, a literatura galega ten un presenza máis que reducida. Das 1.051.897 referencias de títulos que contén a web, tan só 6.743 pertencen o sistema literario galego. É dicir, a presenza galega en Amazon.es límitase a un 0,6% do total. Non obstante, a cifra real de títulos descende até os 403 títulos se se escolle a opción de obras que xa están dispoñibles.
Os datos da literatura galega languidecen fronte as outras linguas do estado. No caso da literatura vasca, os usuarios poden atopar un total de 18.597 referencias a libros en éuscaro. É dicir, o número dos títulos vascos triplica á cifra galega e representa o 1,7%. No caso dos libros cataláns, a distribuidora virtual inclúe un total de 50.770 referencias, o cal representa un 4,2%.
Segundo se recolle tamén na páxina web culturagalega.org, a maior parte das editoras galegas, segundo explican fontes do sector, rexeitaron asinar contrato coa empresa americana por problemas de distribución e desacordo nas marxes de beneficio para a tenda. E é que a almacenaxe do web se realiza no sur de Francia, e a emprega solicita nalgúns casos ata un 70% de descontos nas obras. Deste xeito, a práctica totalidade dos libros que podemos atopar en galego no web chegan a través dos acordos que diferentes editoras galegas teñen con distribuidoras como Publidisa, ou ben mediante intermediarios como a libraría en liña Agapea que si asinaron contratos coa tenda.
Agora mesmo está en funcionamentoo servizo Amazon Prime, que ofrece a posibilidade de obter envíos garantidos e gratuítos (sen custo adicional sobre o prezo do produto) en menos de tres días e de forma ilimitada por 14,95 euros ao ano, incluído un servizo de envío garantido urxente (en 24 horas) por 2,99 euros. O prezo estándar dos envíos é de 3 euros por envíos normais (de 3 a 5 días) "de calquera tamaño" 6 euros para envíos rápidos (2 a 3 días) e 9 euros para os envíos urxentes (1 día), independentemente do número de produtos pedidos.

Fonte XORNAL

lunes, 5 de septiembre de 2011

Do teu fillo, Ángel Amaro


Xa é 3 de setembro e mañá tocar partir, marchar, irse… Outra vez unha estación, varios macutos e como non, moitas despedidas.
Un 3 de setembro do 2001 funme con 13 anos para Alacante. Pasou xa unha década e parece que foi onte cando de ben novo deixei esta terra ourensana que ainda estou pisando.
Hoxe veñen ao meu recordo tódolos detalles dise 3 de setembro do 2001. Coller mañá outro tren axuda a activar a miña memoria. As sensacións, a presión no peito que sinto cando me alexo do meu pobo, as suas casiñas baixas, os carballos que se empequeñecen na lexanía.
É tanto o que se queda e quedou eiquí que non se pode expresar con palabras, cicais cunha mirada perdida ou tal vez cun suspiro de resignación. O emigrante que da un pasiño adiante para non botar unha ollada un paso atrás.

Cando me fun fai unha década sóo vía un gran horizonte no que me perdía por momentos, non imaxinaba a miña adolescencia fora do meu contexto, endexamais me imaxinei 10 anos máis tarde sintetizando o que sinto. Hoxe, Alacante, douche as grazas.
Galiza deume moito, sen esta terra é difícil imaxinarme , conectar conmigo, viaxar nos meus recordos, empatizar cos meus pensamentos nos que a miudo pérdome ata eu. Sen comprender o amor que sinto por Galiza e difícil coñecerme. E é que da Galiza leveime un gran patrimonio: unha familia, unha fermosa infancia, unha lingua que ainda conservo como un gran tesouro, moi gratos recordos nas verdes veigas do meu pobo e como non, esa puñetera morriña que sempre me arranca bágoas cando eu non quero. Porque amarte doe, mal que me pese.

Pero bueno. Alacante foi xenerosa e sempre lle estarei eternamente agradecido. Acolleume como un fillo máis sen esperar nada a cambio. Adoptoume e suavizou os meus medos facendo que durante istes 10 anos fose crecendo en tódolos sentidos. Con un soriso e o sol do Levante adoptáchesme. Eí pasei a miña adolescencia, naceu miña irmá e experimentei mil fermosas sensacións, entre elasn, sair do armario. E é que en Alacante supen o que é a liberdade de ir pola rúa collido da mán con un rapá e manifestarme coa miña xente tal e como son. Realiceime como persoa sendo o teu fillo adoptivo.
O caso é que levo un mes de vacacións na Galiza e endexamais pensei que se me faría tan difícil coller de novo o tren, poñer terra de por medio. O destino non debe ser azaroso e a década que se cumple hoxe invádeme de lembranzas, e porque non, de bágoas que non sei de onde narices veñen.
Eres das poucas cousas que me arrancan bágoas de ledicia e sollozos de melancolía, sentimentos contradictorios cos que a veces rózase a locura de sentirte lonxe e preto á vez. Ben sabes que vivir entre dous mundos, entre duas terras que che dan tanto… non é nada doado. Lévase como se pode, pero lévase.

Ben sei Galiza que és xenerosa e deixas partir a milleiros de fillos e fillas tódolos anos. Rosalía de Castro xa che advertía que envellecerías soíña se non deixas de alimentar a diáspora. O teu amor é tan grante que deixasnos marchar evitando amosar tristeza e melancolía, calquer signo de expresión na túa fermosa cara, pero ben sabes que esa forma de amar non é positiva, non che fai ben.
Por eso tódolos fillos e fillas que un día viches partir sempre ameazamos con tornar e acollernos no teu seno, cicais idealizando tempos pasados, pero sempre tempos que experimentamos nas túas parroquias e vilas. A miudo pecamos dunha morriña infantil, pero sempre de tenras promesas e doces verbas que nos saen da alma.

E é que hai quen di que estamos demasiado enraizados, que padecemos unha tristura crónica que nos invade e bloquea. A Real Academia Española consensuou que a palabra morriña viña gramaticalmente do galego, por algo será. E é que non lles falta razón para recoñecer que o pobo galego vivencia en exceso ise amor non resolto que é botar en falta algo que se tivo e se saborea na lexanía.
As persoas que están ao meu carón padecen a un Ángel eternamente melancólico, cicais resulta esaxerada tanta morriña, cicais me equivoco por seren un conxunto de recordos vagos e difusos. Pode que caiga nunha actitude infantiloide que debera ser pasaxeira, poder ser… pero é tan intensa a miña añoranza que preióname o peiot e invádeme cando invoco a palabra morriña, o como ti ben sabes, saudade. Para ben ou para mal, esí son, esí te sinto e o fago público. Ben comprende o que digo a xente que me quere, ben me entendes ti, Galiza.

Publicado XORNAL DE GALICIA

¿Asasino do ensino?



O gran mestre da austeridade e a “boa xestión” xa está a faguer das súas no ámbito do ensino. E é que o pupilo do señor Rajoy agora tamén lle pegou a tolea cos recortes no ensino galego. Feijóo, influido pola película protagonizada polo célebre “Eduardo Manos Tijeras”, pretende recortar todo o que pille ao seu paso en aras de dar exemplo no bo facer, nisto da xardinería neoliberal.

Encantado da vida co recorte de 200 millóns de euros que Esperanza Aguirre fixo no ensino, agora Feijóo propón un incremento do horario lectivo ao profesorado galego, pasando de 21 a 25 horas semanais. A Xunta consolida así a súa cruzada contra o Estado do Benestar e a consolidación duns servizos públicos de calidade e de balde. Todo parece indicar que Galiza seguirá a estela do “Aguirrismo”, unha política educativa nefasta que deixará na rúa a 3.200 interinos e incrementará de 18 a 20 o número de horas lectivas no ensino madrileño.
O goberno de Feijóo considérase o “Elexido”, o Mesías do PP encargado de faguer público grandes sacrificios, todo sexa por deixar a Feijóo como o mártir do século XXI e poder así gañarse unha cadeira a direita de Rajoy.

O caso é que nas autonomías do PP consolídase algo así como unha Entente Cordiale, unha Confederación cunha folla de ruta moi ben marcada: desmantelar o Estado do Benestar. A reducción de docentes e a disminución das partidas destinadas as sustitucións do profesorado son indicadores de que para o PP o primordial e devaluar o ensino público e fomentar o desprestixio do ensino ao que todas e todos temos dereito.
Na Galiza véñense de producir 1.250 baixas por xubilación e o “Eduardo Manos Tijeras” nun alarde de virtuosidade técnica tan só convocou 200 prazas. Cicais noutro intento por abraiarnos logra que os mestres mortos tornen a dar clases (perdón, que os mortos só resucitan para votar).

Aos virtuosos da austeridade pouco lles parece importar que haxa menos tutoría, unha devaluación no ensino personalizado ou se poña en risco chegar a unhos mínimos de capacidades e obxectivos na rutina diaria de cada clase. Pouco lles parecen importar as ameazas de folga, concentracións ou as inxeniosas consignas dos mestres madrileños: “Nos sobra Esperanza, tenemos ilusión”. O único que lles importa a ises “Eduardo Manos Tijeras” e podar ben podado o seto para que quede ben mono pero ben pequeracho. A sequía orzamentaria xa converterá o bonsai a natureza morta.

Publicado GALICIA HOXE

domingo, 4 de septiembre de 2011

El ocaso de la escuela rural // REPORTAJE

Entrecruces, concello de Carballo, 10 kilómetros cuadrados, 866 habitantes, y desde septiembre, ninguna escuela. El centro de Educación Infantil de Taboada, el único de la parroquia, donde se educaban niños de tres a cinco años, es una de las 14 escuelas unitarias que la Xunta clausurará el próximo curso. Los cinco alumnos que a partir de septiembre tendrán que empezar a ir a clase en el CEIP Canosa-Rus, en la localidad vecina de Coristanco, son la razón que esgrime la Xunta para certificar el cierre. Si hubiera una matrícula más, la escuela se salvaría. [SEGUIR LENDO]

jueves, 1 de septiembre de 2011

Homenaxe ás loitas feministas no Festival da Poesía no Condado



Este fim-de-semana celebra-se o XXV Festival da Poesia no Condado, que se dedica às luitas feministas baixo o lema ‘Sem as mulheres nom há revoluçom’. Como cada ano, a Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado oferece um dilatado programa no que cultura, reivindicaçom e festa se unem no recinto amuralhado de Salvaterra de Minho.

Publicado: Galicia Hoxe


PROGRAMA DO XXV FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO
2 E 3 DE SETEMBRO 2011. SALVATERRA DE MINHO.
Sexta-feira 2 de Setembro
  
19.30
Apertura de exposiçons
COVAS DE DONA URRACA / CASA DO CONDE
20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra
22.30
Noite nas minas*
COVAS DE DONA URRACARecital de MARIA DO CEBREIRO
Concerto de DE OUTRA MARGEM
O Remate: Comida, Repichoca e Festa
*Aforo limitado
- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 667 336 730
Sábado 3 de Setembro
  
11,30
Passa-ruas
Viagens no 
Comboio de baixa velocidade

12.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS
- Reserva de postos: info@scdcondado.org
13.00
Mesa redonda com COLECTIVOS FEMINISTASCASA DO CONDE
17.00
Festa Infantil
- Paula Carballeira
- Obradoiros
ZONA DAS MURALHAS
AO LONGO DO DIA
Projecçom de vídeo-poemas
COVAS DE DONA URRACA
- María Lado
- Lucía Aldao
- Ledicia Costas
- Colectivo Rec-deiras
19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Gato Encerrado (Peque Varela)

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS 

- Apresentam: Os da Ría

POETAS 
- Andrea Nunes Brións
- Catarina Nunes
- Claudio Pato
- Iolanda Aldrei
- Lorena Souto
- Manuel Darriba
- Maria Rosendo
- Paula San Vicente
- Sechu Sende
- X. M. Álvarez Cáccamo


GRUPOS
- Habelas Hainas
- Marful
- Ulträqäns
- Cuchufellos
- Maria Alice
 (Cabo Verde)
Serviços
  
- Zona de campismo: info@scdcondado.org

sábado, 27 de agosto de 2011

Asalto á Constitución, Ángel Amaro



¿Quen dixo que no mes de agosto os políticos vanse de vacacións? Todo parece indicar que ZP ten clases de reforzo e debe apurarse nos deberes de cara o vindeiro curso. Tres chamadas do binomio Merkel-Sarkozy é máis que suficiente para alterarlle as vacacións a calquera. Todo sexa pola estabilidade do euro e esí entrar na lista dos alumnos máis eficientes do Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Central Europeo (BCE).
Agora mentres Rubalcaba trata de frear o batacazo do PSOE no 20N o presidente ZP segue facendo das súas, eso sí, esta vez co apoio do PP. Mariano Raxoi non dudou en amosar a súa satisfación para establecer un teito ao gasto social, un límite ao déficit público. Algo así como tornar abrir as portas aos anos do “racionamento”. Todo sexa estar a prol da economía do libre mercado e o gran capital.
Pouco tempo fixo falta para que a mobilización comezase nas redes sociais. Polo facebook xa botan fume os grupos "Solicita Referendum para evitar que los mercados cambien la constitución" e“No a la modificación constitucional contra el Estado del Bienestar”. Así mesmo comeza a popularizarse o Tweet #yoquiero votar. Estase traballando contra reloxo xa que o 31 de agosto o Goberno ten convocado pleno no Parlamento para abordar a reforma express da Constitución. Niste sentido Vicenç Navarro, catedrático de Políticas Públicas e de Economía Aplicada da Universidade Pompeu Fabra, xa nos advirte de que con 35 diputados que amosen o seu rechazo a reforma express pode abrirse a porta a convocatoria dun Referéndum.
Para que se chegue a ese esceario é imprescindíbel abrir un debate a toda a cidadanía e que os políticos se den conta de que amosamos o noso rechazo ás reformas baixo manga. Apoiando a causa firmando en http://actuable.es/peticiones/pide-referendum-ratificar-reforma-laconstitucion é unha opción. Todo sexa por concienciar a ise 10% de deputados e deputadas necesarias.
Non se poden consentir máis atropelos en materia económica porque sempre acaban pagando os pratos rotos quen non ten a culpa. O interese diles e falar de eficiencia, austeridade e boa xestión económica pero por todos e sabido que detrás de todo isto está o Gran Capital e o “pechen filas” dun bipartidismo que cando quere monopoliza a vida política negando o dereito a poder decidir dende canles participativos e abertos a toda a cidadanía. Niste sentido afima Vicenç Navarro: “É certo que hai posibilidades de facer referéndums a nivel do Estado central, pero non é nin doado nin frecuente, como amosa a escasez de referéndums que houbo na España durante o período democrático. A única expresión de desaprobación que os representados teñen ao seu alcance é deixar de votar ou votar por opcións distintas cada catro anos. Iso é un indicador do enormemente limitada que é a democracia española”.

Publicado en GALICIA HOXE

sábado, 20 de agosto de 2011

Ecoterrorismo galego, Ángel Amaro

Entra no Facebook e busca o grupo LUME NUNCA MÁIS.
Súmate, difunde e loita contra o lume

Tódolos anos o mesmo conto cos incendios ameazando vilas e centos de hectáreas ardidas graciñas a laboura permanente dos pirómanos. Na memoria colectiva xa entendemos que isto é habitual e polo tanto xa nos habituamos a que os incendios forman parte da cultura galega ou máis ben o deporte nacional dos que non respetan o ecosistema.
No caso galego ben sabemos que o cambio climático afecta directamente a estas terras, sobre todo ao sureste de Ourense no mes de agosto que é a zona con máis riscos de incendio. Conscientes da loita contra o lume, a cidadanía cada vez máis se anima a denunciar os pirómanos e colaborar coas autoridades competentes. Nunha sociedade minifundista tan dispersa corremos o risco de non poder protexer todos os nosos montes. Isto debemos sabelo, non hai moitos medios para loitar contra o lume, e ainda que os haxa non podemos depositar a nosa responsabilidade nos políticos sen asumir que a cidadanía ten un papel crucial.
Condear expresamente os incendios e defender o ecoloxismo, marxinalos pirómanos e xerar un clima antilume é necesario e desexable. Por cada incendio que se orixina deberían ondear as bandeiras a media asta, facerse discursos de condena. Os políticos ven podían ter un discurso máis radical niste asunto e chamarlle aos pirómanos co apelativo de “ecoterroristas”. Sencillamente por varias razóns: cando prenden lume non avisan, orixinan situacións de pánico na poboación e poñen en risco a saúde de moita xente, atentan contra o medio ambiente que é de todos e non respetan a diversidade da fauna e a flora.
Quizás poderían pararse a pensar que fan falla máis campañas de sensibilización e sobre todo o endurecemento do Código Penal xa que o ecoterrorismo é escurridizo nas leis.