Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de octubre de 2011

Asina o manifesto MARXINACIÓN DO GALEGO NOS MEDIOS


O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado
pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX –que situaría o
seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano
1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3%
nese mesmo sector en 19931.
Paradoxalmente, isto aconteceu estando en vigor a Lei de Normalización
Lingüística que segundo o seu preámbulo “garante a igualdade do galego e do
castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como
lingua propia do noso pobo.”
Paradoxalmente, isto aconteceu cando o goberno da Xunta de Galiza veu
inxectando aos medios de comunicación substanciosas cantidades de diñeiro público
en teoría destinadas a manter e incrementar neles a presenza da lingua galega.
Paradoxalmente, isto aconteceu cando as novas licencias concedidas aos
medios audiovisuais implicaban unhas cotas de obrigada presenza do galego na
programación, cotas case sempre incumpridas polas empresas baixo a tolerancia do
goberno galego.
E mais non se poden argumentar dificultades lingüísticas á hora de comprender
oralmente ou por escrito o noso idioma: o 86’4% dos habitantes de Galiza saben
falar galego e o 97’1% o entende2. A mellora do nivel de expresión da poboación galega
é sensible dende que nas últimas décadas a nosa lingua se incorporou ao sistema
educativo. En particular, as novas promocións de xornalistas galegos que se forman no
país reciben agora a capacitación lingüística necesaria para desenvolveren plenamente
a súa profesión.
Tampouco se pode soster que a actitude da sociedade galega sexa contraria á
normalización do noso idioma nos medios de comunicación. As enquisas amosan que
o 70% da nosa poboación pensa que o que se publica na prensa é “pouco” ou “moi
pouco” e ese mesmo 70% lería un xornal en galego3.
Este desequilibrio chama a atención dos expertos internacionais que estudan
a presenza do galego nos nosos medios de comunicación. Así a profesora francesa
Caroline Domingues afirma:
“Guiados por imperativos económicos, os medios de comunicación privados
galegos confinan a lingua da comunidade en seccións específicas polo xeral
ligadas á cultura. Fronte á política de normalización lingüística, eles seguiron a ser
extremadamente conservadores. O único código para informar é o castelán. Radios
privadas e prensa escrita en Galiza desempeñan en certa maneira un papel de “contra-
normalización da lingua da comunidade. Esta utilización minoritaria e testemuñal
dun galego que ten o seu propio espazo, o seu gueto, no interior do xornal ou da grella
de programación, é en primeiro lugar o resultado dun axuste das estratexias destes
medios de comunicación fronte a un contorno histórico, social e político.”
4
Nos últimos tempos, varios medios de comunicación escritos de Galiza deron
un novo paso nesa estratexia de marxinación e invisibilización do noso idioma:
as declaracións individuais ou colectivas de persoas e entidades que teñen unha
permanente práctica lingüística en galego son traducidas e presentadas –mesmo entre
aspas para aparentar a literalidade- en castelán como se foran feitas nese idioma.
Chégase a traducir os eslógans e lemas das mobilizacións e os textos das pancartas.
Distorsiónase así gravemente a imaxe pública de persoas e colectivos que teñen entre
os seus sinais de identidade a constancia no emprego e a defensa da lingua galega.
Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.
Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.
Galiza. Setembro de 2011

domingo, 25 de septiembre de 2011

Amazon.es limita a literatura galega ao 0,6% do catálogo


Amazón.es xa está en funcionamento en España. Este mércores presentouse en rolda de prensa en Madrid o funcionamento no estado desta distribuídora web. Non obstante, os usuarios xa poden consultar na súa páxina web o catálogo de títulos que ofrece para o territorio español. Na súa oferta, a literatura galega ten un presenza máis que reducida. Das 1.051.897 referencias de títulos que contén a web, tan só 6.743 pertencen o sistema literario galego. É dicir, a presenza galega en Amazon.es límitase a un 0,6% do total. Non obstante, a cifra real de títulos descende até os 403 títulos se se escolle a opción de obras que xa están dispoñibles.
Os datos da literatura galega languidecen fronte as outras linguas do estado. No caso da literatura vasca, os usuarios poden atopar un total de 18.597 referencias a libros en éuscaro. É dicir, o número dos títulos vascos triplica á cifra galega e representa o 1,7%. No caso dos libros cataláns, a distribuidora virtual inclúe un total de 50.770 referencias, o cal representa un 4,2%.
Segundo se recolle tamén na páxina web culturagalega.org, a maior parte das editoras galegas, segundo explican fontes do sector, rexeitaron asinar contrato coa empresa americana por problemas de distribución e desacordo nas marxes de beneficio para a tenda. E é que a almacenaxe do web se realiza no sur de Francia, e a emprega solicita nalgúns casos ata un 70% de descontos nas obras. Deste xeito, a práctica totalidade dos libros que podemos atopar en galego no web chegan a través dos acordos que diferentes editoras galegas teñen con distribuidoras como Publidisa, ou ben mediante intermediarios como a libraría en liña Agapea que si asinaron contratos coa tenda.
Agora mesmo está en funcionamentoo servizo Amazon Prime, que ofrece a posibilidade de obter envíos garantidos e gratuítos (sen custo adicional sobre o prezo do produto) en menos de tres días e de forma ilimitada por 14,95 euros ao ano, incluído un servizo de envío garantido urxente (en 24 horas) por 2,99 euros. O prezo estándar dos envíos é de 3 euros por envíos normais (de 3 a 5 días) "de calquera tamaño" 6 euros para envíos rápidos (2 a 3 días) e 9 euros para os envíos urxentes (1 día), independentemente do número de produtos pedidos.

Fonte XORNAL

martes, 9 de agosto de 2011

Sermos ou non sermos. Eis a cuestión



Somos moitas as persoas galegas que nos sentimos identificadas cunha historia, cunha cultura e cunha lingua propias, persoas que nos sentimos posuidoras dunha identidade a que non queremos renunciar e que estamos comprometidas coa súa preservación. A estas persoas únense outras moitas que, sen teren consciencia tan clara desa identidade diferencial nin se sentiren especialmente comprometidas na súa defensa, teñen aquí as súas raíces e mostran vontade de seren galegas e de exerceren como tales. E aínda existe outro grupo importante de persoas que, sen seren galegas de nación, moran entre nós e asumen o dereito a existirmos como pobo con características de noso. Hai, de certo, outras persoas, nadas ou non en territorio galego, que teñen distintos sentimentos identitarios ou que subordinan a condición de galegos e galegas a identidades diferentes. Todas en conxunto, en unión co territorio, a historia, a cultura, a lingua ou as tradicións, constituímos a Galiza, vella nación europea definida constitucionalmente como nacionalidade histórica, isto é, comunidade nacional historicamente conformada.

A Galiza, pois, existe. E, como existe, ten dereito a continuar a existir. Mais para isto é preciso que as persoas que acreditamos nela e no seu porvir deixemos ouvir a nosa voz na súa defensa e nomeadamente na defensa do seu principal sinal de identidade, a lingua galega, sen a cal esa Galiza do futuro resultaría inviábel. Porén, semella evidente que non todas as persoas nin grupos sociais poden facer ouvir a súa voz; na realidade, só o poden facer con eficacia aqueles que posúen medios de comunicación propios. E por regra xeral hoxe na Galiza os medios de comunicación están nas mans de persoas ou grupos que non acreditan na condición nacional da Galiza nin no futuro do seu idioma propio (e que por tanto non o utilizan), de modo que neste momento hai un amplo sector da sociedade galega, precisamente aquel que acredita na nación e que está comprometido co uso da súa lingua, que non se ve reflectido nos medios existentes, isto é, que carece de voz perante o conxunto da sociedade galega e do mundo. Ben sabemos a importancia, na sociedade actual, do acceso aos medios de comunicación, tanta que xa se converteu nun tópico o dito de que o que non sae nos medios é como se realmente non existise. Mais a nación galega existe, a lingua galega existe, e tamén existe o nacionalismo galego. No entanto, fáltalles a voz, a voz que a Galiza precisa, que o idioma galego precisa, que o nacionalismo galego precisa. Termos ou non termos voz hoxe equivale a sermos ou non sermos. Eis o dilema.

Após 300 anos de silenciamento da lingua galega na escrita, no século XIX uns poucos galeguistas, con poucos recursos, foron quen de crearen algúns medios escritos na nosa lingua, como A Monteira en Lugo ou O Tío Marcos da Portela en Ourense. No século XX apareceu e reapareceu A Nosa Terra, fundouse a revista Nós, máis tarde Grial etc., todas elas nunhas circunstancias de grande precariedade e mesmo en contextos políticos de ausencia total de liberdade por momentos. Algunhas perviviron no tránsito intersecular e así comezamos o século XXI coa presenza nos quiosques e librarías de publicacións como A Nosa Terra, Galiza Hoxe, A Peneira, Tempos Novos ou Grial. Alén destas dúas últimas, de contido máis cultural e periodicidade dilatada, que aínda perduran nestes momentos xunto con algunha outra publicación académica especializada, o vendaval político que se produciu na Galiza en marzo de 2009 e que nos deixou un goberno lingüicida foi arrasando con todas elas, até podermos afirmar que na actualidade non existe ningunha publicación diaria ou semanal en lingua galega.

Adentrámonos, pois, na segunda década do século XXI sen xornais nin semanarios en letra impresa na nosa lingua -tamén os dixitais son escasos, eis o encerramento de Vieiros-, nunha situación tan deficitaria que nos retrotrae a épocas recuadas da nosa historia. E isto acontece nun momento en que a Galiza posúe institucións propias de autogoberno que teñen a obriga legal de apoiaren e promoveren o uso do galego nos medios de comunición, tamén escritos. Prodúcese, por consecuencia, unha clara irresponsabilidade institucional e mesmo un quebrantamento da legalidade. Mais isto non pode servir de escusa para que as persoas que nos sentimos nacionalistas ou galeguistas e que queremos medios de comunicación en lingua galega nos manteñamos na pasividade, sen tentarmos mudar unha realidade tan adversa. Somos menos ou somos máis que os nosos devanceiros que crearon medios en galego? Temos menos ou temos máis posibilidades e recursos materiais para enfrontarmos a empresa requirida? A resposta parece clara: somos moitas máis persoas e posuímos moitos máis medios económicos. Alén das que militan en organizacións políticas, sindicais ou culturais de carácter nacionalista -ben máis de 100.000 felizmente-, existe hoxe un amplo grupo de profesorado de lingua galega en todos niveis educativos -talvez uns 3.000?- e moito máis profesorado doutras materias que ten a obriga legal -e ética- de impartir docencia en lingua galega, igual que acontece con todo o funcionariado da Administración autonómica, que debe coñecer e usar o idioma propio por imperativo legal e moral -viven dun exercicio profesional que deriva da existencia dunha comunidade política sustentada basicamente na posesión dunha lingua propia-; entre este persoal temos de contar nomeadamente aquel que traballa na radio e na televisión públicas da Galiza, que cobra un salario por usar o galego e porque o galego existe.

Todas estas persoas sumamos miles e miles; e moitas -trinta mil, cincuenta mil, setenta mil ou se callar cen mil segundo os casos- xa temos ateigado as rúas compostelás en defensa e reivindicación da lingua galega, con expresa invocación nalgunha ocasión á necesidade de termos medios impresos na nosa lingua. Nunca houbo historicamente tal potencial humano en prol do idioma e, paradoxalmente, ficamos sen medios escritos que o utilicen. É posíbel que toda esta masa crítica non sexa quen de soster un grupo de comunicación propio que, utilizando a lingua galega, defenda esta e defenda tamén o país no seu conxunto? Será que aquelas persoas que traballan coa lingua galega, que militan en organizacións creadas para a defenderen ou que cobran un salario porque esta aínda existe rexeitan recibir información nesa mesma lingua e, por tanto, están dispostas a compraren un xornal en español mais non no idioma que saen a defender? Isto non semella críbel. Por que non rexeitan igualmente a información audiovisual que lles dan en galego a RG e a TVG, que gozan dunha audiencia considerábel? Ten de haber outras razóns que o expliquen, pois tamén non posúe forza suficiente o argumento da secular carencia de alfabetización en galego após catro décadas de ensino obrigatorio nesta lingua e de centos de cursos de formación realizados por miles de persoas. Ocórrenseme dous posíbeis motivos: rutina, desleixo e ausencia de compromiso real na defensa do galego, por unha parte, ou oferta insuficiente e inadecuada de produtos informativos en galego até ao momento, por outra. Se callar, o máis probábel é unha mestura dos dous.

Bon, pois nestas circunstancias unhas cantas persoas constituíronse en promotoras dun grupo de comunicación en galego e comprometido coa Galiza. O proxecto nace so a denominación de Sermos Galiza porque en certo modo diso se trata, da vontade de continuarmos a manter a existencia da nación galega, para o cal se precisan, a noso ver, dous requisitos fundamentais, ambos interdependentes: a conservación da lingua propia e a existencia de medios de comunicación que acrediten na Galiza e que se comprometan co seu futuro. O que fai este grupo é lanzar o proxecto e convocar a sociedade galega para que o apoie e faga viábel. No estudo de viabilidade económica en que o proxecto se sustenta fálase de que se precisan 3.000 subscritores, por unha parte, e, por outra, accionistas que reúnan un capital inicial de 300.000 euros. Con isto poderiamos ter nun prazo curto de tempo un semanario en papel e un diario dixital, coa porta aberta a novas metas no futuro de a resposta social ser positiva. Non parece en principio difícil nin moito menos imposíbel -non debería selo- reunir as persoas precisas (arredor de 6.000 na opción máis popular e participativa, a metade subscritoras e a metade accionistas, aínda que o normal é que en moitos casos coincidan), entre todos aqueles miles de que antes falabamos, para pór o proxecto en marcha. As cantidades son modestas: tanto o prezo da subscrición anual ao semanario (uns 160 euros) como as accións a 100 euros cada unha deberían posibilitar que se puidesen reunir esas 3.000 persoas requiridas para cada un dos obxectivos económicos. Fomos moitas máis as que nos manifestamos en defensa do galego hai uns cantos meses e tamén moitas máis as que ateigamos a Praza da Quintana este último 25 de xullo, hai só uns días, en reivindicación da nosa identidade nacional. Infelizmente, non todas teñen unha situación económica favorábel, mais moitas outras si podemos, aínda que sexa facendo un esforzo. Nós temos, pois, a palabra.

Se realmente hai vontade e compromiso, a tarefa semella doada. En Euskadi, cando clausuraron Egin, ao día seguinte reuniuse o diñeiro preciso para un novo xornal. Nós non precisamos tanto. Mais ben sabemos que as persoas nacionalistas galegas somos moito críticas e inconformistas; como dixera Rafael Dieste, a crítica está ben, mais tamén debemos fuxir do hipercriticismo destrutor que aniquila calquera posibilidade de construción en común; deseguida tendemos a deostar un proxecto afín (político, cultural, lingüístico, comunicativo etc.) por algún pormenor de que non gostamos, en canto nos mostramos máis comprensivos cos que nos son alleos ou mesmo hostís. Con certeza, todos os proxectos e empresas colectivas, tamén as nacionalistas, teñen e van ter deficiencias e imperfeccións, pois non existe a obra perfecta. No entanto, debemos ser máis flexíbeis e tolerantes coas iniciativas do noso ámbito ideolóxico, máis comprensivos en definitivo coas entidades e persoas que son ideoloxicamente próximas e que traballan por obxectivos comúns. Neste sentido, temos de admitir a urxencia e a necesidade dun grupo de comunicación en galego imprescindibelmente plural e con vocación de permanencia, en que todas as sensibilidades nacionalistas se sintan reflectidas, mais onde non existan constrinximentos para o desempeño dun labor xornalístico profesional, crítico e transformador. Iso si, feito nun galego de calidade e con futuro, non sexista e aberto ao mundo de expresión galego-portuguesa.

De non axirmos así e de nos mostrarmos en exceso reticentes, pouco xenerosos e hipercríticos cos nosos propios medios de comunicación en canto compramos e lemos os alleos (en español, de certo), estaremos a servir os intereses destes e estaremos a renunciar ao futuro da nosa lingua e da nosa nación. De nós depende, pois, sermos ou non sermos informativamente dependentes, sermos ou non sermos unha nación cos seus propios medios de comunicación.

En fin, sermos ou non sermos Galiza


Publicado en SERMOS GALIZA

domingo, 7 de agosto de 2011

La agonía de la prensa en gallego // REPORTAJE

En poco más de un año, la mayor parte de los medios escritos en gallego han desaparecido de los quioscos o se han reformulado. Desde que el digital Vieiros cerró sus puertas el 24 de julio de 2010 después de 15 años en activo, las publicaciones más favorables al uso de la lengua propia de Galicia han ido cayendo como fichas de dominó. El semanario A Nosa Terra no volvió a salir en papel tras las vacaciones de agosto de 2010 y de los 28 empleados de su editora, solo cinco permanecieron en su versión online. Meses después desapareció el periódico comarcal A Peneira y en junio de este año clausuraba su edición impresa el único escrito íntegramente en gallego, Galicia Hoxe. Ahora, el cierre en papel de Xornal de Galicia pone en alerta a los sectores más comprometidos con el idioma, ya que sin contar con los formatos especializados o algunos proyectos locales, solo se mantienen en papel la publicación mensual Tempos Novos y el gratuito De luns a venres.

La mayoría de estos medios se ha refugiado en Internet y sus responsables coinciden en señalar que han sido víctimas de la misma crisis -la económica y la del periódico de papel como soporte tradicional para la difusión de información- que se ha llevado por delante a centenares de cabeceras en todo el mundo. La caída generalizada de las ventas, en medios que ya contaban con tiradas modestas, y el escaso número de suscriptores ha descontrolado a las empresas, que también sufren los recortes en publicidad y la competencia de la información gratuita en la red. Pero para muchos estos motivos no son los únicos. Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, introdujo en su artículo de despedida una fuerte crítica al Gobierno autónomo por la falta de ayudas, según él, la única garantía para mantener la "pluralidad informativa".
La Secretaría Xeral de Medios de la Xunta dispone de una línea específica de ayudas, regulada por una convocatoria anual, para los medios escritos íntegramente en gallego e incluso asegura que este año la ha aumentado un 40%. Pero, como ocurre con el conjunto de las empresas de comunicación, la mayor parte de sus ingresos procedentes de la Administración llega por otra vías menos reguladas, desde el reparto de la publicidad institucional a los convenios de colaboración que suscriben discrecionalmente las consellerías. Y en ese punto, el cambio del bipartito al PP y las restricciones presupuestarias han mermado los ingresos.
Lois Rodríguez, expresidente de la Asociación de Medios en Galego, defiende que la prensa en la lengua propia de Galicia es un "sector estratégico" que debe contar con un trato preferente de la Administración. "Al igual que se fomenta la lectura, se debería hacer lo mismo con el consumo de estos medios", opina. Alfonso Eiré, director de A Nosa Terra digital, propone un modelo como el de Madrid, donde las ayudas "son inversas a la tirada". Aunque no valore el papel de las subvenciones "porque nunca las tuvimos", afirma, María Val, directora de Xornal de Galicia, critica los criterios para la adjudicación de publicidad institucional o de los convenios, con cuantías mucho mayores que las ayudas directas y sin ningún control. Para que haya mayor transparencia en el reparto, Luís Álvarez Pousa, director de Tempos Novos, apuesta por ayudas indirectas controladas por el Parlamento.
Si bien el dinero público ha menguado y muchos vinculan ese recorte al desinterés de la Xunta por el gallego, lo cierto es que la respuesta del público tampoco ha contribuido a su supervivencia. Álvarez Pousa lamenta que las mismas "50.000 personas que van a una manifestación en contra de un decreto agresivo con el gallego" no sean capaces de mantener un medio en esta lengua, y considera fundamental el apoyo ciudadano para que el periodismo sea "independiente". El ejemplo del gratuito De luns a venres parece desmentir la idea difundida desde algunos sectores de que no hay público para prensa en gallego. Su director, Alfonso Riveiro, destaca que han logrado aumentar la tirada a 40.000 ejemplares y sobrevivien gracias a la publicidad y al respaldo de un grupo "fuerte", la editora de El Progreso. Pese a que la situación actual no sea propicia "y no pueda cantar victoria", Riveiro aguarda seguir avanzando en el futuro.
No todo son mensajes catastrofistas. Una vez que el proyecto en papel ha resultado inviable, varios de los consultados coinciden en que Internet es la vía. María Val asegura que Xornal ha preferido invertir en una web "más potente" los gastos de impresión y distribución que ocasionaría seguir publicando en papel. La periodista no omite la dificultad de encontrar el modelo de negocio. Álvarez Pousa confía en doblar el número de suscriptores a su revista y Eiré espera que A Nosa Terra vuelva a los quioscos. Por si fuera poco, hay quien está dispuesto a repetir la hazaña de Vieiros y en Internet se fragua el proyecto Sermos Galiza para crear un semanario.

Fonte: EL PAÍS

¿Indignámonos coa situación da lingua galega?

Só o 38% dos mozos fala galego fronte o 60% en castelán, 

e este ten unha dominancia esmagadora nas novas tecnoloxías



O 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, segundo se desprende do informe Xuventude Galega 2010, que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. Este dato supón un aumento de case 6 puntos porcentuais na utilización do galego respecto dos usos lingüísticos recollidos nun estudo semellante elaborado en 2007.
No que respecta ao castelán, o seu uso sitúase nun 59,9%, 5,4 puntos menos que no informe elaborado hai catro anos. Así mesmo, o estudo indica que un 0,2 emprega outras linguas, mentres que unha porcentaxe do 1,3 non achegou información.
O informe Xuventude Galega 2010 baséase nun estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1.200 enquisas presenciais a mozos e a mozas de entre 15 e 29 anos. Este traballo sociolóxico, que se enmarca no plan Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega, inclúe unha pregunta relativa á lingua empregada habitualmente en once situacións diferentes da vida cotiá, centradas nas relación cos máis próximos, en diferentes ámbitos sociais, en actividades funcionais diarias tanto orais como escritas e mais en intercambios orais espontáneos.
Atendendo a estes parámetros e segundo se desprende dos datos obtidos das enquisas, os temas ou situacións máis favorables para o uso do galego son os vinculados coa relación cos máis próximos. Pola contra, o seu uso redúcese nos que se vinculan cos usos escritos da lingua e nos contactos con descoñecidos.
Usos lingüísticos da xuventude por ámbitos
Este uso favorable do galego no ámbito familiar por parte do grupo de idade de 15 a 29 anos tamén se constata na Enquisa de condicións de vida das familias galegas 2008 (ECVFG-2008). O estudo realizado polo Instituto de Estatística de Galicia (IGE), que inclúe preguntas sobre lingua inicial e habitual, usos lingüísticos, coñecemento das linguas, dinámicas de mantemento e cambio de idioma etc., indica que utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 43% dos mozos e mozas dese grupo de idade.
No que respecta ao ámbito laboral, cos compañeiros/as de traballo, co persoal ao cargo, cos superiores e cos clientes, en Galicia utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 45,5% da mocidade. Mentres, no ámbito social, o 40,5% dos mozos e das mozas utiliza maioritariamente o galego cos amigos/as, comerciantes, médicos/as, profesorado dos fillos/as, persoal da administración e persoal bancario.
Estas porcentaxes que se desprenden da ECVFG-2008 para o sector da mocidade non acadan, con todo, os valores da media da poboación galega, xa que nos ámbitos mencionados –o familiar, o laboral e o social– os usos lingüísticos galegófonos en xeral se sitúan no 51,8%, no 48,4% e no 50,7%, respectivamente.

Novas tecnoloxías
Cómpre indicar, no entanto, que os mozos e mozas utilizan máis o galego no ámbito das novas tecnoloxías en comparación coa media da poboación galega. Segundo os datos sociolingüísticos que se desprenden da enquisa do IGE de 2008, no tocante á lingua de preferencia para redactar mensaxes de móbil ou correos electrónicos, utiliza maioritariamente o galego o 24,7% dos menores de 29 anos, 3 puntos porcentuais máis que a media de Galicia, que se sitúa no 21,7%.
Así mesmo, no tocante á preferencia de idioma para navegar por internet, vólvese detectar unha tendencia semellante: o 17,3% da xuventude emprega sempre ou preferentemente o galego, mentres que esta é a opción do 16,9% da poboación.

A mocidade, un sector social prioritario para a dinamización lingüística

O galego é a lingua de maior uso social en Galicia. O 56,4% da poboación maior de 5 anos fala sempre en galego ou máis galego ca castelán, segundo se desprende dos datos da ECVFG-2008, e os que falan sempre en galego constitúen o 30% da poboación. Malia todo, a xuventude adoita utilizar máis o castelán. En consecuencia, as franxas de idade máis novas constitúen un dos principais retos para a lingua galega, así como o sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación planificada para promover o uso do idioma.