As diásporas fanse devenir e transitar. Galegos e galegas ciscadas e espalladas alén e eiquí, dentro e fora. Son un galego da Terra da Chispa, ónde o castrapo mestúrase co barallete e a saudade
Mostrando entradas con la etiqueta Diáspora Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diáspora Galega. Mostrar todas las entradas
lunes, 5 de septiembre de 2011
Do teu fillo, Ángel Amaro
Xa é 3 de setembro e mañá tocar partir, marchar, irse… Outra vez unha estación, varios macutos e como non, moitas despedidas.
Un 3 de setembro do 2001 funme con 13 anos para Alacante. Pasou xa unha década e parece que foi onte cando de ben novo deixei esta terra ourensana que ainda estou pisando.
Hoxe veñen ao meu recordo tódolos detalles dise 3 de setembro do 2001. Coller mañá outro tren axuda a activar a miña memoria. As sensacións, a presión no peito que sinto cando me alexo do meu pobo, as suas casiñas baixas, os carballos que se empequeñecen na lexanía.
É tanto o que se queda e quedou eiquí que non se pode expresar con palabras, cicais cunha mirada perdida ou tal vez cun suspiro de resignación. O emigrante que da un pasiño adiante para non botar unha ollada un paso atrás.
Cando me fun fai unha década sóo vía un gran horizonte no que me perdía por momentos, non imaxinaba a miña adolescencia fora do meu contexto, endexamais me imaxinei 10 anos máis tarde sintetizando o que sinto. Hoxe, Alacante, douche as grazas.
Galiza deume moito, sen esta terra é difícil imaxinarme , conectar conmigo, viaxar nos meus recordos, empatizar cos meus pensamentos nos que a miudo pérdome ata eu. Sen comprender o amor que sinto por Galiza e difícil coñecerme. E é que da Galiza leveime un gran patrimonio: unha familia, unha fermosa infancia, unha lingua que ainda conservo como un gran tesouro, moi gratos recordos nas verdes veigas do meu pobo e como non, esa puñetera morriña que sempre me arranca bágoas cando eu non quero. Porque amarte doe, mal que me pese.
Pero bueno. Alacante foi xenerosa e sempre lle estarei eternamente agradecido. Acolleume como un fillo máis sen esperar nada a cambio. Adoptoume e suavizou os meus medos facendo que durante istes 10 anos fose crecendo en tódolos sentidos. Con un soriso e o sol do Levante adoptáchesme. Eí pasei a miña adolescencia, naceu miña irmá e experimentei mil fermosas sensacións, entre elasn, sair do armario. E é que en Alacante supen o que é a liberdade de ir pola rúa collido da mán con un rapá e manifestarme coa miña xente tal e como son. Realiceime como persoa sendo o teu fillo adoptivo.
O caso é que levo un mes de vacacións na Galiza e endexamais pensei que se me faría tan difícil coller de novo o tren, poñer terra de por medio. O destino non debe ser azaroso e a década que se cumple hoxe invádeme de lembranzas, e porque non, de bágoas que non sei de onde narices veñen.
Eres das poucas cousas que me arrancan bágoas de ledicia e sollozos de melancolía, sentimentos contradictorios cos que a veces rózase a locura de sentirte lonxe e preto á vez. Ben sabes que vivir entre dous mundos, entre duas terras que che dan tanto… non é nada doado. Lévase como se pode, pero lévase.
Ben sei Galiza que és xenerosa e deixas partir a milleiros de fillos e fillas tódolos anos. Rosalía de Castro xa che advertía que envellecerías soíña se non deixas de alimentar a diáspora. O teu amor é tan grante que deixasnos marchar evitando amosar tristeza e melancolía, calquer signo de expresión na túa fermosa cara, pero ben sabes que esa forma de amar non é positiva, non che fai ben.
Por eso tódolos fillos e fillas que un día viches partir sempre ameazamos con tornar e acollernos no teu seno, cicais idealizando tempos pasados, pero sempre tempos que experimentamos nas túas parroquias e vilas. A miudo pecamos dunha morriña infantil, pero sempre de tenras promesas e doces verbas que nos saen da alma.
E é que hai quen di que estamos demasiado enraizados, que padecemos unha tristura crónica que nos invade e bloquea. A Real Academia Española consensuou que a palabra morriña viña gramaticalmente do galego, por algo será. E é que non lles falta razón para recoñecer que o pobo galego vivencia en exceso ise amor non resolto que é botar en falta algo que se tivo e se saborea na lexanía.
As persoas que están ao meu carón padecen a un Ángel eternamente melancólico, cicais resulta esaxerada tanta morriña, cicais me equivoco por seren un conxunto de recordos vagos e difusos. Pode que caiga nunha actitude infantiloide que debera ser pasaxeira, poder ser… pero é tan intensa a miña añoranza que preióname o peiot e invádeme cando invoco a palabra morriña, o como ti ben sabes, saudade. Para ben ou para mal, esí son, esí te sinto e o fago público. Ben comprende o que digo a xente que me quere, ben me entendes ti, Galiza.
Publicado XORNAL DE GALICIA
viernes, 27 de mayo de 2011
Esxs que se van...
ERA LA ÚLTIMA NOCHE
En las Orillas del Sar, Rosalía de Castro
I
Era la última noche,
la noche de las tristes despedidas,
y apenas si una lágrima empañaba
sus serenas pupilas.
Cómo el criado que deja
al amo que le hostiga,
arreglando su hatillo, murmuraba
casi con la emoción de la alegría:
-¡Llorar! ?Por qué? Fortuna es que podamos
abandonar nuestras humildes tierras;
el duro pan que nos negó la patria,
por más que los extraños nos maltraten,
no ha de faltarnos en la patria ajena.
Y los hijos contentos se sonríen,
y la esposa, aunque triste, se consuela
con la firme esperanza
de que el que parte ha de volver por ella.
Pensar que han de partir, ése es el sueño
que da fuerza en su angustia a los que quedan;
¡cuánto en ti pueden padecer, oh, patria,
si ya tus hijos sin dolor te dejan!
II
Como a impulsos de lenta
enfermedad, hoy cien, y cien mañana,
hasta perder la cuenta,
racimo tras racimo se desgrana.
Palomas que la zorra y el milano
a ahuyentar van, del palomar nativo
parten con el afán del fugitivo,
y parten quizá en vano.
Pues al posar el fatigado vuelo
acaso en el confín de otra llanura,
ven agostarse el fruto que madura,
y el águila cerniéndose en el cielo.
Era la última noche,
la noche de las tristes despedidas,
y apenas si una lágrima empañaba
sus serenas pupilas.
Cómo el criado que deja
al amo que le hostiga,
arreglando su hatillo, murmuraba
casi con la emoción de la alegría:
-¡Llorar! ?Por qué? Fortuna es que podamos
abandonar nuestras humildes tierras;
el duro pan que nos negó la patria,
por más que los extraños nos maltraten,
no ha de faltarnos en la patria ajena.
Y los hijos contentos se sonríen,
y la esposa, aunque triste, se consuela
con la firme esperanza
de que el que parte ha de volver por ella.
Pensar que han de partir, ése es el sueño
que da fuerza en su angustia a los que quedan;
¡cuánto en ti pueden padecer, oh, patria,
si ya tus hijos sin dolor te dejan!
II
Como a impulsos de lenta
enfermedad, hoy cien, y cien mañana,
hasta perder la cuenta,
racimo tras racimo se desgrana.
Palomas que la zorra y el milano
a ahuyentar van, del palomar nativo
parten con el afán del fugitivo,
y parten quizá en vano.
Pues al posar el fatigado vuelo
acaso en el confín de otra llanura,
ven agostarse el fruto que madura,
y el águila cerniéndose en el cielo.
martes, 3 de mayo de 2011
Los emigrantes insisten en que votarán, pero en Eurovisión
Los emigrantes no se resisten a dejar de votar pese a haberse quedado fuera del proceso de las municipales. Asumido que no podrán enviar sus papeletas para elegir al alcalde de sus pueblos de origen mientras no se sustancien sus quejas jurídicas y legales, los activos miembros de la diáspora gallega en Suiza están empeñados en demostrar que su alma galaica está viva.
Para demostrarlo han convertido en su bandera a la cantante gallega Lucía Pérez y en su particular batalla la promoción de la canción con la que la artista lucense competirá el día 14 en Eurovisión. «El hecho de que la representante de España en Eurovisión 2011 sea gallega es para los gallegos en el exterior una honra, especialmente en estos momentos en que los emigrantes gallegos y españoles han sufrido la usurpación de sus derechos fundamentales constitucionalmente reconocidos», apuntan aunando sus sentimientos y reivindicaciones los representantes de las tres asociaciones de emigrantes gallegos en Ginebra.
A Nosa Galiza, Tordoia e Irmandade Galega concretaron incluso sus palabras con hechos el sábado, llevando a la eurovisiva cantante a la ciudad suiza para alentar con sus interpretaciones musicales los sentimientos de la emigración. Lucía Pérez cantó y escuchó otras piezas en su honor, al tiempo que las asociaciones gallegas en Ginebra acordaron movilizar a sus socios para que la voten masivamente en Eurovisión. Al estar fuera lo pueden hacer, pues solo son excluidos los votos que un cantante recibe desde su país.
Votar a Lucía Pérez sí, pero a sus alcaldes no. Esa es la contradicción que quieren recalcar este sábado en París, donde la plataforma contra la privación del derecho de voto de los españoles en el exterior reivindicará su derecho a votar sin restricciones.
Fuente: La Voz de Galicia
martes, 8 de febrero de 2011
Galiza reivindícase en Dakar
![]() |
"Galegos, xunto con cataláns, kurdos, tamiles, palestinos e africanos, defenden os dereitos colectivos dos pobos no Foro Social Mundial", explica o director de "Altermundo"Máis de 1.200 organizacións de todo o planeta, entre elas seis galegas, (Altermundo, Fundación Galiza Sempre, Cig-Internacional, Attac Galiza, Seminario Galego de Educación para a Paz, e Centre Maurits Coppieters) están dende do domingo en Dakar, intercambiando propostas da sociedade civil a favor dun mundo xusto, libre e equitativo. Os debates xiran en torno a África e a débeda histórica con este continente por parte do capitalismo. Porén tamén haberá espazos dedicados á defensa da autodeterminación dos pobos e nacións sen estado. Manoel Santos, director de Altermundo explica dende Dakar, que a representación galega está ao redor da Rede polos Dereitos Colectivos dos pobos e todos están aquí reivindicando o "carácter nacional de Galiza", xunto a cataláns, kurdos, tamiles, palestinos e moitos pobos africanos como o de Casamance, etc. Defende, ademais que "ningún lugar é tan importante nestes intres de crise como o Foro Social Mundial (FSM) para facer un traballo de "reivindicación nacional" en ámbitos do exterior. En Dakar púidose escoitar onte a oradores como o ex presidente de Brasil, Lula da Silva, ou o presidente de Bolivia, Evo Morales. Hoxe disertará Xabier Macias do Centro Maurirs Coppieters e mañá a Xosé Manuel Beiras, da Fundación Galiza Sempre, e que vai ser un os redactores que recolle a conclusión destes debates. O altermundista, Manoel Santos destaca, dende alí, a presencia de Lula da Silva que aproveitou o Foro para a súa reaparición pública internacional, o que xa di moito, apunto Santos. E vai máis alá o asegurar que falou "moi clariño", o cargar contra o G20 e dar por morto o Consenso de Wáshington. Manoel Santos remarca a "impresionante" acollida por parte dos africanos e recoñece que os movementos sociais en toda África do Oeste é moi diverso e moito máis multitudinario do que el pensaba. Malia os 30 graos de temperatura e a radiación solar senegalesa, Santos subraia que hai moitos colectivos, sobre todo cataláns que levan unha reivindicación similar a de Galiza, aínda que "moito máis nutrida". Tamén destaca que hai máis galegos que vascos. De feito a galega é unha das representacións máis activas na construción de alianzas ao redor da defensa da soberanía dos pobos. "Tamén se traen aquí a defensa dos dereitos lingüísticos e, de feito, os galegos aquí teñen un posicionamento privilexiado pois a representación brasileira é numerosísima e vital no desenvolvemento do FSM, e nós temos liña directa, por cuestión de lingua, con eles", sinala o director de Altermundo.org "O século XXII será o de África" Manoel Santos, detalla para GALICIA HOXE, os tres fins principais do FSM, que van dende o da súa expansión fóra de latinoamérica, onde, detalla, o proceso está moi asimilado e é moi importante e decisorio nalgúns gobernos. Defende que África é o lugar fundamental para esta expansión, como "continente oprimido", con "movementos sociais cada día máis poderosos" e co que hai unha "débeda histórica por parte do capitalismo". O segundo sería o de definir accións conxuntas contra a crise do sistema. "Espérase que de aquí saia unha axenda para os vindeiros dous anos e para afrontar procesos como a conferencia de Río+20". O terceiro é procura de alternativas, que van dende presionar por un New Deal Verde ao apoio a un outro mundo baseado na autoxestión dos pobos e comunidades, na democracia radical, na ecoloxía, etc. Porén precisa que non vai saír de aquí unha alternativa global pois este non é un goberno, mais si mil e unha novas iniciativas para responder á ditadura do capitalismo e da guerra. Para Manoel Santo un éxito sería "unha boa axenda" e "pasos adiante" por parte das organizacións que integran o Foro, pois este non toma decisións. Neste senso lembra que en tres séculos 20 millóns de negros e negras africanas saíron do continente, é especialmente destas terras, onde portugueses, holandeses, franceses e ingleses "campaban ás súas anchas", e "cometeron o meirande xenocidio da historia, o escravismo", expón. Despois chegou o neocolonialismo, o Fondo Monetario Internacional e mais o Banco Mundial que esnaquizaron a autonomía e a produción local no continente. "Como non van desexar e crer que outro mundo é posíbel?", pregúntase. O director de Altermundo cavila que o século XXI será por fin o "século de África", que terá cada vez máis protagonismo. A descolonización está "aínda a comezar", e sinala ó respecto que "son pobos poderosos e orgullosos e abraiantes na súa cultura, nas súas ideas, no poder das súas mulleres". E ademais teñen conciencia continental, cren na nai África, finaliza. Lula da Silva, o "estatista que mudou en altermundista" Finalmente arremeteu contra as organizacións financeiras internacionais e o G20. "É inexplicábel que a fame non estea nos obxectivos de loita de moitos dos que gobernan. Estas situacións inadmisíbeis non podemos evitalas nós, ese é o voso traballo, o dos activistas políticos que debedes estar os 365 días do ano a procurar un outro mundo posíbel". E o estatista mudou en altermundista, enfatiza o director de Altermundo dende Senegal. Beiras, Nogueira, Macías, Ferreiro O décimo Foro Social Mundial celebrarase en Dakar baixo o título Resistencia e Loita dos Pobos de África ata o 11 de febreiro. É a segunda vez que ten lugar no continente africano, logo da edición de 2007 en Nairobi. Ó FSM de Dakar acudirán organizacións do país anfitrión, así como de Burundi, Ghana, Congo, Nixeria, Malí e Chad, entre as africanas. España estará entre a representación europea, así como Italia, Suíza, Francia, Noruega, e Alemaña. Ademais das seis organizacións galegas, con Beiras, e Santos, acoden altermunistas como Camilo Nogueira ou Chema Ferreiro. Fuente: Galicia Hoxe |
miércoles, 8 de diciembre de 2010
Entrevista: Delmi Álvarez
![]() |
| Fotoperiodista, autor de proyectos de fotografía documentalista y fundador del Seminario de Fotoperiodismo galego (SGF) |
Delmi Álvarez (Vigo, 1958) es un fotoperiodista gallego que en 1989 inició su proyecto Galegos na Diáspora que pretende seguir el rastro de muchos de los emigrantes gallegos repartidos por todo el mundo. Actualmente trabaja en otro proyecto sobre el Camiño de Santiago junto a cinco fotógrafos gallegos y un danés. También colabora con la Televisión de Galicia en un documental sobre su proyecto de la diáspora.
¿Que te lleva a iniciar el proyecto de la Diáspora?
Galegos na Diáspora es una consecución de motivos; una emigración propia, de tener familia en la emigración, quizá al principio no tenía muy claro lo que quería, pero a los 17 años ya estaba viajando a Alemania, con lo puesto, y desde el momento en que descubrí como era la vida de mis tíos y amigos fuera de Galicia, entendí que había que hacer algo. Los proyectos documentalistas a largo plazo nunca se saben cuando los vas a acabar. El proyecto es un punto de vista más de un emigrante fotógrafo, nómada, universal y ciudadano de cualquier barrio del mundo.
Un proyecto que se prolongó 16 años, ¿como se mantiene el ritmo y el interés?
Quizá ha sido una suma de inquietudes, el de conocer de cerca la emigración, también los cambios políticos que hubo en Galicia, que recomendaban a emigrar. Después de el primer viaje por Europa en bus y tren, el segundo por las Américas vino casi sin pensarlo. Ahorré todo lo que pude y viajé con lo mínimo y las dos cámaras.
Has documentado la emigración gallega. Ahora hemos pasado de ser un país emisor a ser receptores. Las circunstancias y los modos han cambiado, pero hay algún paralelismo entre aquella situación y la actual?
Bueno siento decirte que todavía seguimos siendo un país que emite migración. Ahí tienes la gente que sale de las facultades y no tiene donde meterse. Por supuesto que ahora tenemos más conciencia de que dejar que se nos vayan del país así como así, empieza a preocupar a muchos, pero lo llevamos en la sangre. Somos un pueblo incondicional, con nuestra idiosincrasia y seguiremos cruzando el telón de grelos por siglos. También hemos aprendido de que hay que ser receptores de aquellos que buscan una nueva vida.
Hay muchos casos, y mejor preguntarle a ellos, pero creo que en Galicia, de momento, todavía no están padeciendo lo que padecen en el sur o en el este de España, donde las masificación de emigrantes es numerosa, con muchísimos problemas, que deben ser resueltos desde la propia Constitución española. Emigrar es sinónimo de cambio, de búsqueda. La emigración, los pueblos migratorios existen desde el comienzo de la Humanidad, y los métodos de migración son iguales o peores que entonces. Emigrar no significa dejar tu país, tu familia, el todo que te rodea, tu cultura e irte a otro lugar donde te van a reconocer tus derechos.
Desgraciadamente no es así. Cuando alguien llega desde lejos, necesita ante todo comprensión, atención y respeto. Poco a poco podrá existir una integración pero al principio las circunstancias de adaptación a ese nuevo sistema son terriblemente demoledoras. Yo creo que sigue existiendo un paralelismo actualmente. No pienso en mí, ya pienso en aquellos que mucho peor que yo no tienen un lugar donde dormir, un plato de comida, unos amigos, un entorno de cariño. Sin eso el individuo llega a perder su dignidad, y por ello debemos ayudar.
Fuente: Caborian.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


