sábado, 27 de agosto de 2011

Asalto á Constitución, Ángel Amaro



¿Quen dixo que no mes de agosto os políticos vanse de vacacións? Todo parece indicar que ZP ten clases de reforzo e debe apurarse nos deberes de cara o vindeiro curso. Tres chamadas do binomio Merkel-Sarkozy é máis que suficiente para alterarlle as vacacións a calquera. Todo sexa pola estabilidade do euro e esí entrar na lista dos alumnos máis eficientes do Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Central Europeo (BCE).
Agora mentres Rubalcaba trata de frear o batacazo do PSOE no 20N o presidente ZP segue facendo das súas, eso sí, esta vez co apoio do PP. Mariano Raxoi non dudou en amosar a súa satisfación para establecer un teito ao gasto social, un límite ao déficit público. Algo así como tornar abrir as portas aos anos do “racionamento”. Todo sexa estar a prol da economía do libre mercado e o gran capital.
Pouco tempo fixo falta para que a mobilización comezase nas redes sociais. Polo facebook xa botan fume os grupos "Solicita Referendum para evitar que los mercados cambien la constitución" e“No a la modificación constitucional contra el Estado del Bienestar”. Así mesmo comeza a popularizarse o Tweet #yoquiero votar. Estase traballando contra reloxo xa que o 31 de agosto o Goberno ten convocado pleno no Parlamento para abordar a reforma express da Constitución. Niste sentido Vicenç Navarro, catedrático de Políticas Públicas e de Economía Aplicada da Universidade Pompeu Fabra, xa nos advirte de que con 35 diputados que amosen o seu rechazo a reforma express pode abrirse a porta a convocatoria dun Referéndum.
Para que se chegue a ese esceario é imprescindíbel abrir un debate a toda a cidadanía e que os políticos se den conta de que amosamos o noso rechazo ás reformas baixo manga. Apoiando a causa firmando en http://actuable.es/peticiones/pide-referendum-ratificar-reforma-laconstitucion é unha opción. Todo sexa por concienciar a ise 10% de deputados e deputadas necesarias.
Non se poden consentir máis atropelos en materia económica porque sempre acaban pagando os pratos rotos quen non ten a culpa. O interese diles e falar de eficiencia, austeridade e boa xestión económica pero por todos e sabido que detrás de todo isto está o Gran Capital e o “pechen filas” dun bipartidismo que cando quere monopoliza a vida política negando o dereito a poder decidir dende canles participativos e abertos a toda a cidadanía. Niste sentido afima Vicenç Navarro: “É certo que hai posibilidades de facer referéndums a nivel do Estado central, pero non é nin doado nin frecuente, como amosa a escasez de referéndums que houbo na España durante o período democrático. A única expresión de desaprobación que os representados teñen ao seu alcance é deixar de votar ou votar por opcións distintas cada catro anos. Iso é un indicador do enormemente limitada que é a democracia española”.

Publicado en GALICIA HOXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario