domingo, 25 de septiembre de 2011

Amazon.es limita a literatura galega ao 0,6% do catálogo


Amazón.es xa está en funcionamento en España. Este mércores presentouse en rolda de prensa en Madrid o funcionamento no estado desta distribuídora web. Non obstante, os usuarios xa poden consultar na súa páxina web o catálogo de títulos que ofrece para o territorio español. Na súa oferta, a literatura galega ten un presenza máis que reducida. Das 1.051.897 referencias de títulos que contén a web, tan só 6.743 pertencen o sistema literario galego. É dicir, a presenza galega en Amazon.es límitase a un 0,6% do total. Non obstante, a cifra real de títulos descende até os 403 títulos se se escolle a opción de obras que xa están dispoñibles.
Os datos da literatura galega languidecen fronte as outras linguas do estado. No caso da literatura vasca, os usuarios poden atopar un total de 18.597 referencias a libros en éuscaro. É dicir, o número dos títulos vascos triplica á cifra galega e representa o 1,7%. No caso dos libros cataláns, a distribuidora virtual inclúe un total de 50.770 referencias, o cal representa un 4,2%.
Segundo se recolle tamén na páxina web culturagalega.org, a maior parte das editoras galegas, segundo explican fontes do sector, rexeitaron asinar contrato coa empresa americana por problemas de distribución e desacordo nas marxes de beneficio para a tenda. E é que a almacenaxe do web se realiza no sur de Francia, e a emprega solicita nalgúns casos ata un 70% de descontos nas obras. Deste xeito, a práctica totalidade dos libros que podemos atopar en galego no web chegan a través dos acordos que diferentes editoras galegas teñen con distribuidoras como Publidisa, ou ben mediante intermediarios como a libraría en liña Agapea que si asinaron contratos coa tenda.
Agora mesmo está en funcionamentoo servizo Amazon Prime, que ofrece a posibilidade de obter envíos garantidos e gratuítos (sen custo adicional sobre o prezo do produto) en menos de tres días e de forma ilimitada por 14,95 euros ao ano, incluído un servizo de envío garantido urxente (en 24 horas) por 2,99 euros. O prezo estándar dos envíos é de 3 euros por envíos normais (de 3 a 5 días) "de calquera tamaño" 6 euros para envíos rápidos (2 a 3 días) e 9 euros para os envíos urxentes (1 día), independentemente do número de produtos pedidos.

Fonte XORNAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario