domingo, 11 de marzo de 2012

Apostatar, ¿dereito ou penitencia?



Dende fai escasos anos vense a falar moito da palabra “apostatar” no estado español. Non parece interesarlle moito as élites da Igrexa Católica que se popularice unha palabra que está máis que demonizada grazas a certas élites mediáticas, relixiosas, culturais e económico-políticas. Tanto e esí que a Real Academia Galega (RAG) define a apostasía como: “o abandono público da propia relixión para seguir outra”. En ningún momento se contempla o ateísmo militante que renega de calquera censo relixioso e dogma de fé.
Niste sentido a Real Academia Española (RAE) fala da apostasía dunha maneira máis directa afirmando que é: “negar a fe de Jesucristo recibida no bautismo”.
O certo é que a apostasía parece ser un tema tabú. Hai razóns dabondo para argumentar unha saída da Igrexa Católica pero todo indida que é máis doado dar de baixa un contrato nunha compañía móvil que no censo da Conferencia Episcopal Española. O que a priori é un dereito inhalienábel de decidir a que organización se pertenze ou non, resulta ser unha penitencia cando se inicia o proceso xa que pretenden que os aspirantes a apóstatas se cansen no intento.
As élites relixiosas non son alleas os aires de cambio e iste laicismo crecente na sociedade española que se traduce nunha desrelixiosidade do día a día. Evidente é que se está a vivenciar un descenso nas celebracións dos tres sacramentos máis populares.
Os chamados BBC (Bodas, Bautizos e Comunións) cada vez son menos populares. Sobra ver que no 2009 preto da mitade de quenes foron pais e nais negáronse a facer bautizos. Diste xeito se expresa a asociación Europa Laica e a Asociación Madrileña de Ateos e Librepensadores (AMAL) dicindo que: “"Estamos convencidos de que, en moi pouco tempo, xa se bautizará a menos da metade dos nenos que nazcan".
O caso é que menos do 40% dos españoiss de 25 anos se declara católico practicante, no 2009 as unións civiles superaron o número de matrimonios católicos e as comunións disminuiron nun 59%. Pero todo isto parece importarlle ben pouco aos da sotana.
Atrincherados baixo o palio non paran de poñer paus na roda, todo sexa por paralizar os procesos de apostasía que se acumulan a moreas nos despachos dos obispos.
Niste contexto Benedicto XVI pon toda a carne no asador e trata de impedir que se abandoen os sacramentos. Para iso xa no 2008 nomeou a Antonio Cañizares prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos do Vaticano. Algo esí como un centinela dos sacramentos para observar a súa vixencia.
Na Igrexa Católica néganse a asimiliar a apatía da cidadanía española ante tanta pantomima e por iso adiantaron a primeira comunión aos 7 anos (normalmente a idade coa que se ven facendo as comunións e con 10 anos). Canto antes millor non vaia ser que os rapaces e rapazas lles de por pensar e se negan a tomala comunión e se vaia ao traste o obxectivo de incrementar o censo a calquera prezo.
Pero bueno, cada día e máis pública a realidade social da apostasía e tense cada vez máis acceso a información obxectiva que profundiza en temas de laicismo, ateísmo e laicidade. Hai boas prácticas niste eido e espazos nos que parece que as cousas van mudando pouco a pouco. Concellos como o de Rivas Vaciamadrid (Madrid) ofrece ritos alternativos ao bautismo. Chámaselle “acollemento civil”. Niste rito alternativo lense os dereitos do neno/a e faise unha festa de benvida. Todo sexa por dar unha alternativa a esas augas sagradas que estigmatizan aos cativos xa que limpan o pecado orixinal.
¿Pecadores de que? ¿Ten sentido afirmar que un recién nacido ven o mundo cun pecado orixinal porque Adán e Eva comeron unha mazá? Parece ser que non ten nin xeito nin maneira.
A pérdida de relixiosidade da sociedade española é evidente. Niste sentido a indignación social tamén se traslada ao ámbito relixioso e a vista está como se quedan baleiras as igrexas día a día. Estamos ante un fenómeno social que será negado sempre e en todo momento.
O ano mudou pero os de sempre están anclados nas Cruzadas da Alta Idade Media. Todo parece indicar que os direitos dos curas aséntase cando teñen unha lista moi grande de amigos e amigas que lle bailan a auga. En fin, cando un queira apostatar dirán que se vai o inferno porque o apóstata arderá nas chamas eternas, será pecador herexe e bla bla bla...

No hay comentarios:

Publicar un comentario