lunes, 28 de noviembre de 2011

¿Onde vai a educación afectivo-sexual?, Ángel Amaro


Un ano máis chega o 25 de novembro e con il a lembranza de que temos un problema, unha realidade social latente na nosa sociedade: o patriarcado. Haberá quen aínda non tome en serio iste concepto pero o certo é que mentres unhos negan a realidade, outras sufren nas propias carnes a violencia machista.
O patriarcado como sistema de dominación e opresión que limita, condiciona e socializa as mulleres nos roles sexistas e estereotipos de xénero foi mutando ao longo da historia adaptándose aos diversos contextos. Na actualidade as vellas democracias occidentais aínda non son conscientes realmente de que para loitar contra o patriarcado hai que transversalizar o enfoque de xénero e aplicalo na cotidianidade económica, política, social e cultural do día a día. O sexismo é histórico pero a capacidade de evitar a realidade patriarcal é universal. Pero negar o patriarcado non poñerá fin a violencia de xénero.
Cada 25N sempre nos lembramos das víctimas da violencia machista e da violencia de xénero. Un traballo de sensibilización que costou moitos centos de anos xa que "as cousas" que pasaban dentro da casa non eran consideradas "asuntos públicos" e transcendentais máis aló das "dinámicas familiares". Niste sentido o feminismo leva moitos anos traballando para que a sociedade se poña as gafas da igualdade e a xustiza social. Coa finalidade de deixar claro que non é un problema que afecta ás mulleres soamente, é unha realidade na que todas e todos temos algo que decir é facer. Diste xeito os homes temos un rol imprescindíbel na loita contra o patriarcado, un papel proactivo na deslexitimización do sexismo e a difusión de actitudes igualitarias. ¿De qué sirve loitar contra a violencia de xénero se non se fomenta a igualdade e a cultura da non violencia?
Nesta parte do proceso é onde entra en xogo o papel da escola como un dos principais espazos de socialización nos que se desenrolan actitudes, estereotipos, roles e dinámicas de xénero nas que as rapazas e rapaces asumen patróns sexistas.
A educación formal ten un rol social importante pero invisibilizado por diversos grupos de presión que non queren da escola un axente de cambio social. Nun contexto de crise xeral os hai que só falan da crise económica e non falan da crise dos valores e a consolidación de posicionamentos sexistas que idealizan outra vez as mulles nas cociñas e aos pés dos homes. Un repunte dos micromachismos.
A educación afectivo-sexual como motor pedagóxico da igualdade fomenta o empoderamento, a corresponsabilidade e a xustiza social. Coñecementos de saúde sexual, diversidade afectivo-sexual, xénero, non violencia, linguaxe non sexista, etc. Un sinfín de áreas de coñecemento que a escola formal ten a obriga de facilitar as rapazas e rapaces que, aínda que sexan menores de idade, xa son cidadáns e cidadanas. Niste sentido e curioso o que dixo fai escasos días Esperanza Aguirre cando afirmaba que "o estado debe limitarse a instruir aos alumnos porque xa os educa a familia". Isto é unha forma de quitarlle a escola formal o rol social de educar en valores de igualdade, respeto, tolerancia, non violencia, asertividade e corresponsabilidade social.
Na loita contra a violencia de xénero non se pode perder o fondo da cuestión patriarcal que son as actitudes e estereotipos sexistas. Un campo de desigualdades nas que hai que actuar con educación afectivo-sexual e compromiso institucional por parte das escolas formais. Sobran razóns, pero se aínda alguén ten dudas invítoo a que lle bote un vistazo ao informe de investigación que recentemente presentou a Federación de Mulleres Progresistas: "¿Igualmente? Alumnado e xénero, actitudes e comportamentos".
Podemos botarnos a temblar vendo un dato das conclusións: "O 80% das personas entrevistadas creen que a rapaza debe complacer ao seu mozo e o 60% están de acordo en que os celos son normais nunha relación".
Publicado en GALICIA HOXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario