miércoles, 26 de octubre de 2011

¡Lume nunca máis, montes máis que nunca!


.
Un ano máis Galicia volve a ser o millor exemplo (por desgracia) de como o ecoterrorismo campa as súas anchas ante a descoordinación e os recortes da administración autonómica. E é que iste ano os orzamentos destinados a loitar contra o lume pasaron de de 3 millóns de euros a 675.000 euros, un recorte de máis dun 45%.

Lonxe de incrementar o orzamento destinado a loitar contra o lume decide reducir en casi 2 millóns de euros as partidas destinadas a contratar brigadistas e manter un plan antiincendio consistente ata o outono do 2011. A Xunta pasouse polo arco do triunfo os informes de METEOGALICIA que auguraban un outono seco e sen choivas, pouco lle importou iso ó “experto en bonsáis”.

Non debería de sorprendernos iste recorte do “Feijoo Manos Tijeras”. Un home que está deixando o árbol da administración como un bonsái, fermoso pero raquítico. Todo parece indicar que il pensaba que os recortes na política antiincendio non facilitaría a existencia de situacións caóticas nos montes a finais de outubro.
Mentres as temperaturas se incrementaban e as choivas escaseaban o “Feijoo Manos Tijeras” agarrou a tesoira e podou o plan antiincendio. No mes de setembro centos de brigadistas apuntáronse a lista do paro mentres a Xunta facíase a cega ante o risco de incendios. Pois ben, os pirómanos puxéronse as pilas e a improvisación da Xunta saliu a luz en cuestión de horas.
Mentres a Xunta se vanagloriaba da austeridade orzamentaria o Macizo Central Ourensán ardía polos catro puntos cardinais ata calcinarse preto de 25.000 hectáreas, según fontes non oficiais (se a Xunta asume 10.000 hectáreas pódese un dar cun canto nos dentes).
Vilas como Maceda, Manzaneda, Lobios, A Peroxa, Lobios, Paderne de Allariz e varias ducias máis víronse abandoadas ante o lume (esí o fixeron público varios alcaldes dos concellos afectados). Tal foi a situación de caos que ata que o exército tivo que faguer un despregamento de centos de soldados da UME (Unidade Militar de Emerxencia).
O certo é que as lapas avanzaron durante escasos días arrasando ata 25.000 hectáreas ante a improvisación dunha política antiincendio que brillou pola súa ausencia. En apenas unha semana a “austeridade orzamentaria” (recortes en toda regla) condicionou que se xerasen situacións que supuxeron un serio risco para a saúde das persoas (calidade do aire) e mesmo da vida (as lapas achegáronse ata moitas vilas).
Pero claro, mentas se estaban a vivenciar situacións límite o delegado provincial da Xunta en Ourense foise o martes 18 a ver o fútbol a Madrid e o presidente da Xunta estaba en Uruguai de campaña electoral, supoño que coordinándose vía webcam cun gabinete de crisis ultra especializado en cuestións ecoterroristas, en fin. Logo din que iles son os “xestores obxetivos da cuestión pública” que non politizan o tema, a nos póñennos o cliché de radicais politizados e xa está, '¡manda carallo!
O caso é que a cidadanía galega xa está farta de que ano tras ano sempre veñan a xerarse situacións parecidas nas que o ecoterrorismo campa as súas anchas mentres se poñen parches que non alteran esta realidade endémica na sociedade galega. Unhos pásanse a pelota aos outros e a casa sen barrer, xa está ben. A indignación con esta situación fíxose manifesta na consolidación dun foro en internet anomeado BASTA YA DE INCENDIOS EN GALICIA que conta con máis de 3.000 persoas en contra do ecoterrorismo e a prol da reforestación ecosostible. As redes sociais son aliadas nesta cuestión ecoloxista que quere solucións, explicacións e ante todo... ningún eucaliptus máis.
A xente está farta de que os montes sempre sexan os eternos esquecidos nesta economía de mercado ultraliberal baseada na explotación crecente da nosa flora e fauna, en resumo, do noso hábitat.
Niste sentido é necesario que se abra o debate sobre o ecoterrorismo no seo da sociedade galega, tanto no medio rural como nas cidades, dentro de Galicia e na diáspora. Articular espazos onde se comparta a indignación ecoloxista e se faga ver aos políticos que os montes son e serán temas prioritarios, que o medio ambiente ten que entrar de maneira relevante nos programas electotais e nas accións de goberno.
Sabemos dabondo que hai pirómanos, que hai que modificar o código penal, que o cambio climático fai máis secos os veráns galegos... pero temos que ir máis aló, faguer sensibilización colectiva, xerar debates, empoderar as economías agrarias, darlle ferramentas aos veciños e veciñas que residen no medio rural para que se garantice unha boa xestión do monte en todo momento, garantizar a limpeza dos montes, garantizar reforestacións ecosostibles. En resumo... hai que ir máis aló sen dúbida e ver realmente o contexto multicausal que explica a complexa realidade dos incendios nos montes galegos.
Xa no verán do 2006 o CSIC confirmounos que 1.970 incendios calcinaron preto de 92.058 hectáreas dos nosos montes, a indignación non ven de agora. Daquelas a sociedade galega saiu as rúas baixo o lema LUME NUNCA MÁIS visibilizando o seu malestar e condena pública do ecoterrorismo. Cinco anos máis tarde pódese decir que LUME NUNCA MÁIS segue vivo xa que iste sábado pasado resucitou a indignación ecoloxista e manifestouse polas rúas de Ourense e Trives. Aínda hai motivos para seguir indignados con esta lacra social que ano tras ano lonxe de ter solucións contundentes tradúcese nun incremento exponencial na poboación de eucaliptus nos nosos montes e nunha repercusión mediática parcial e bastante dirixida polos medios “oficialistas”.
Por todo isto e moito máis eu tamén berro alto e claro: ¡LUME NUNCA MÁIS, MONTES MÁIS QUE NUNCA! ¿Berras conmigo a prol dos montes?
Publicado en GALICIA HOXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario