lunes, 5 de septiembre de 2011

¿Asasino do ensino?



O gran mestre da austeridade e a “boa xestión” xa está a faguer das súas no ámbito do ensino. E é que o pupilo do señor Rajoy agora tamén lle pegou a tolea cos recortes no ensino galego. Feijóo, influido pola película protagonizada polo célebre “Eduardo Manos Tijeras”, pretende recortar todo o que pille ao seu paso en aras de dar exemplo no bo facer, nisto da xardinería neoliberal.

Encantado da vida co recorte de 200 millóns de euros que Esperanza Aguirre fixo no ensino, agora Feijóo propón un incremento do horario lectivo ao profesorado galego, pasando de 21 a 25 horas semanais. A Xunta consolida así a súa cruzada contra o Estado do Benestar e a consolidación duns servizos públicos de calidade e de balde. Todo parece indicar que Galiza seguirá a estela do “Aguirrismo”, unha política educativa nefasta que deixará na rúa a 3.200 interinos e incrementará de 18 a 20 o número de horas lectivas no ensino madrileño.
O goberno de Feijóo considérase o “Elexido”, o Mesías do PP encargado de faguer público grandes sacrificios, todo sexa por deixar a Feijóo como o mártir do século XXI e poder así gañarse unha cadeira a direita de Rajoy.

O caso é que nas autonomías do PP consolídase algo así como unha Entente Cordiale, unha Confederación cunha folla de ruta moi ben marcada: desmantelar o Estado do Benestar. A reducción de docentes e a disminución das partidas destinadas as sustitucións do profesorado son indicadores de que para o PP o primordial e devaluar o ensino público e fomentar o desprestixio do ensino ao que todas e todos temos dereito.
Na Galiza véñense de producir 1.250 baixas por xubilación e o “Eduardo Manos Tijeras” nun alarde de virtuosidade técnica tan só convocou 200 prazas. Cicais noutro intento por abraiarnos logra que os mestres mortos tornen a dar clases (perdón, que os mortos só resucitan para votar).

Aos virtuosos da austeridade pouco lles parece importar que haxa menos tutoría, unha devaluación no ensino personalizado ou se poña en risco chegar a unhos mínimos de capacidades e obxectivos na rutina diaria de cada clase. Pouco lles parecen importar as ameazas de folga, concentracións ou as inxeniosas consignas dos mestres madrileños: “Nos sobra Esperanza, tenemos ilusión”. O único que lles importa a ises “Eduardo Manos Tijeras” e podar ben podado o seto para que quede ben mono pero ben pequeracho. A sequía orzamentaria xa converterá o bonsai a natureza morta.

Publicado GALICIA HOXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario