sábado, 20 de agosto de 2011

Ecoterrorismo galego, Ángel Amaro

Entra no Facebook e busca o grupo LUME NUNCA MÁIS.
Súmate, difunde e loita contra o lume

Tódolos anos o mesmo conto cos incendios ameazando vilas e centos de hectáreas ardidas graciñas a laboura permanente dos pirómanos. Na memoria colectiva xa entendemos que isto é habitual e polo tanto xa nos habituamos a que os incendios forman parte da cultura galega ou máis ben o deporte nacional dos que non respetan o ecosistema.
No caso galego ben sabemos que o cambio climático afecta directamente a estas terras, sobre todo ao sureste de Ourense no mes de agosto que é a zona con máis riscos de incendio. Conscientes da loita contra o lume, a cidadanía cada vez máis se anima a denunciar os pirómanos e colaborar coas autoridades competentes. Nunha sociedade minifundista tan dispersa corremos o risco de non poder protexer todos os nosos montes. Isto debemos sabelo, non hai moitos medios para loitar contra o lume, e ainda que os haxa non podemos depositar a nosa responsabilidade nos políticos sen asumir que a cidadanía ten un papel crucial.
Condear expresamente os incendios e defender o ecoloxismo, marxinalos pirómanos e xerar un clima antilume é necesario e desexable. Por cada incendio que se orixina deberían ondear as bandeiras a media asta, facerse discursos de condena. Os políticos ven podían ter un discurso máis radical niste asunto e chamarlle aos pirómanos co apelativo de “ecoterroristas”. Sencillamente por varias razóns: cando prenden lume non avisan, orixinan situacións de pánico na poboación e poñen en risco a saúde de moita xente, atentan contra o medio ambiente que é de todos e non respetan a diversidade da fauna e a flora.
Quizás poderían pararse a pensar que fan falla máis campañas de sensibilización e sobre todo o endurecemento do Código Penal xa que o ecoterrorismo é escurridizo nas leis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario