sábado, 6 de agosto de 2011

A voltas coa economía. Agora Moody's // ÁNGEL AMARO

Tódolos días as mesmas historias: noticias sobre economía 24H, conexións en directo coas Bolsas e avances informativos que intrigan diariamente a cidadanía sobre as ganancias e pérdidas das grandes corporacións. Fai ben pouco que temos máis que machacado o que é o IBEX 35, o déficit estatal e un conxunto de palabras e coñecementos básicos sobre economía.
A crise, máis ben colapso especulativo, mudou a rutina informativa dos cidadáns. Agora somos conscientes de que a economía está ata na sopa e tódolos días xantamos pendentes do que pasa nos EEUU. Pódese decir que o estrés que vivencian os inversores nos parquets das Bolsas instalouse nas cociñas e fogares do estado español. Pretenden xerar ansiedade colectiva, estrés crónico na xente, que toda a poboación viva intrigada coa economía, inquieta e histérica esperando algunha mala noticia sobre as Bolsas e o FMI.
Poucos anos fixeron falta para que calase na cidadanía española a importancia dos organismos internacionais, axencias de calificación e os intereses xerais dos grandes inversores. Poucos parecen que  siguen crendo na independencia dos estados para lexislar en materia económica.Lexos do autogoberno vaise vendo que as propostas lexislativas dos estados occidentais conforman unha melodía que parece irlle agradando ao BCE, o FMI e a OCDE.
A inestabilidade económica e política tamén se convirte en informativa. Agora veñen os de Moody's, axencia de calificación, a colocarlle ao estado español a calificación AA2. Dentro dunha clasificación feita por iles estaríamos situados nun posto de revisión ante unha posible rebaixa pola existencia dunha maior vulnerabilidade das finanzas públicas. Veñen facendo algo esí como a lista dos 40 Principales, digamos que estamos nos postos de descenso.
Moody's di nun informe que existe un débil crecemento económico e algún que outro problema financiero nas autonomías. Parece ser que descubriron América porque vamos... Pode que inflúa niste informe a desidia do PP valenciano que deixou afogar a CAM ou a falta de acordos para sair desta situación fiscal e de débeda crecente. O caso é que a cidadanía ao paro ou o medo pola pérdida do emprego sáelle agora outra preocupación: a actualización constante no contexto económico. Un situación estresante que exporta a agonía das Bolsas as sempre agonizantes economías domésticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario